martes, 10 de noviembre de 2009

O LUTERANISMO


O luteranismo é un movemento relixioso cristián protestante (protestar contra o que consideraban erróneo no que estaba establecido) fundado institucionalmente polo monxe alemán Martín Lutero (1483-1546).

Considérase a data do 31 de outubro de 1517 como o día de nacemento desta rama do cristianismo, data na que se colocaron as 95 teses sobre o valor das indulgencias na porta da Igrexa de Todos os Santos en Wittenberg, Alemania. O luteranismo cre en Jesucristo como o seu fundador espiritual.

A interpretación bíblica que tivo de que Xesucristo non nos xulga polas nosas obras boas, senón máis ben por nosa fe, proporciona a Lutero a base fundamental do seu pensamento.
O pensamento de Lutero baséase no concepto de xustificación pola fe, que negaba toda teoría romana/ortodoxa sobre os méritos da salvación, a mediación dos santos e o culto das imaxes. Denunciou a venda de indulgencias e a obtención dos perdóns a cambio de bens, así como a venda de cargos eclesiásticos.

O luteranismo rexeita a primacía e autoridade romana do Papado como institución divina. Nega a tradición dogmática da existencia do purgatorio. O movemento protestante iniciado por Lutero afirma o valor único das Escrituras e a supremacía da fe en Xesucristo.

Lutero desenvolve a doutrina do Sacerdocio Universal, onde afirma que as Escrituras son inteligibles para todos os creyentes e que cada un, libremente, pode examinalas mediante o proceso de distribución grazas á creación da imprenta. Lutero busca transformar a cada creyente no seu propio sacerdote.
En sentido estrito, non se pode falar de Igrexa luterana, pois son varias as igrexas que xorden do movemento luterano.

*Informacion buscada na wikipedia.




Asdo.:Diego Diaz e Simón Lombardero.

A guerra de sucesión española


A guerra de sucesión española

Etes dous homes foron os causantes desta guerra, son: Felipe de Anjou e o arquiduque Carlos de Austria.


A guerra de sucesión que vai dende o ano 1702 a 1713, foi a a primeira gran guerra europea do século XVIII.
Esta guerra orixinouse pola morte de Carlos II.Tras a súa morte sen ningún fillo lexítimo, decidiu legarlle o reinado de España a Felipe de Anjou, a cambio de que este renunciara á coroa francesa.
Felipe de Anjou non estaba disposto a renunciar ó reino de Francia, así que rápidamente apareceu outro competidor: o arquiduque Carlos de Austria.

Foi unha guerra que produciu unha crise interna en España xa que o reino de Aragón apoiaba ó arquiduque Carlos, mentres que Castela daba o seu visto bo a Felipe de Anjou.

A guerra que foi moi reñida decidiuse pola morte do emperador austríaco . A causa disto todo o mundo viu como bon emperador ó arquiduque Carlos, así que este decidiu renunciar o trono de España e darllo a Felipe de Anjou.

A paz desta guerra veu a través do tratado de Utrech.

Ao final Felipe de Anjou convértese en Felipe V e renuncia a coroa de Francia.

Espero que a todos os que lean este miniresumo se enteren de que foi a guerra de sucesion española, e tamen espero que sigan visitando a nosa páxina.

Carlos Fernández Carreira