martes, 10 de noviembre de 2009

O LUTERANISMO


O luteranismo é un movemento relixioso cristián protestante (protestar contra o que consideraban erróneo no que estaba establecido) fundado institucionalmente polo monxe alemán Martín Lutero (1483-1546).

Considérase a data do 31 de outubro de 1517 como o día de nacemento desta rama do cristianismo, data na que se colocaron as 95 teses sobre o valor das indulgencias na porta da Igrexa de Todos os Santos en Wittenberg, Alemania. O luteranismo cre en Jesucristo como o seu fundador espiritual.

A interpretación bíblica que tivo de que Xesucristo non nos xulga polas nosas obras boas, senón máis ben por nosa fe, proporciona a Lutero a base fundamental do seu pensamento.
O pensamento de Lutero baséase no concepto de xustificación pola fe, que negaba toda teoría romana/ortodoxa sobre os méritos da salvación, a mediación dos santos e o culto das imaxes. Denunciou a venda de indulgencias e a obtención dos perdóns a cambio de bens, así como a venda de cargos eclesiásticos.

O luteranismo rexeita a primacía e autoridade romana do Papado como institución divina. Nega a tradición dogmática da existencia do purgatorio. O movemento protestante iniciado por Lutero afirma o valor único das Escrituras e a supremacía da fe en Xesucristo.

Lutero desenvolve a doutrina do Sacerdocio Universal, onde afirma que as Escrituras son inteligibles para todos os creyentes e que cada un, libremente, pode examinalas mediante o proceso de distribución grazas á creación da imprenta. Lutero busca transformar a cada creyente no seu propio sacerdote.
En sentido estrito, non se pode falar de Igrexa luterana, pois son varias as igrexas que xorden do movemento luterano.

*Informacion buscada na wikipedia.




Asdo.:Diego Diaz e Simón Lombardero.

No hay comentarios:

Publicar un comentario