martes, 15 de diciembre de 2009

A Batalla de trafalgar.


A batalla de Trafalgar foi unha batalla naval que tivo lugar o 21 de outubro de 1805, durante as guerras napoleónicas. Os bandos que participaron no combate foron o británico, e unha confederación franco-española. Venceu o bando británico de maneira aplastante ainda que perderan o seu comandante.
As condicions previas a batalla son:
Napoleón vencera xa daquela a todos os seus adversarios, menos a gran bretaña. Por iso tiña como obxetivo vencer a Gran Bretaña. Napoleon quixo impedir que chegaran provisions a Inglaterra pero a sua flota naval era moito mais menor ca a de Gran Bretaña e non puido conseguilo.
Napoleón ideou entón un plan para invadir Gran Bretaña. A armada franco-española navegaría cara América para chamar a atención dos británicos, os cales irían a socorrer as súas colonias coa súa armada. Coa flota británica en América, a armada franco-española volvería cara Europa, onde se encargaría de escoltar a 160.000 soldados e 2.000 buques franceses para levalos a costas inglesas.

Desembolvemento da batalla:
Finalmente a flota sae a mar aberto. A armada combinada avanza en liña cara o sur, pero ó avistar as naves inglesas, Villeneuve que era quen ia o mando ordena virar os navíos cara Cádiz de novo. A viraxe é completamente defectuosa, quedando divididas as naves en varios grupos.
*Incluo un link donde podedes ver a informacion en castelan: http://es.wikipedia.org/wiki/Batalla_de_Trafalgar



Simon Lombardero Engroba.

No hay comentarios:

Publicar un comentario