martes, 15 de diciembre de 2009

Robbespierre


ROBBESPIERRE

Maximilien François Marie Isidore de Robespierre nace o 6 de maio en Francia, máis concretamente en Artois.

Foi coñecido por ser un dos lideres da revolución francesa, e tamen do comité de saúde pública. Pero a sua historia remóntase a moito antes:

Cando Luis XVI convocou os estados xerais en 1788 para resolver a crise de subsistencia pola que atravesaba Francia na épca, Robbespierre foi elixido para representar o 3º estado de Artois.
En canto o 3º estado alzase co poder e crea a asamblea nacional, Robbespierre convértese nun dos defensores das ideas liberais máis democráticas e avanzadas.

Robbespierre era un home de ideas fixas. Tan fixas que o levaron ao fanatismo. Esta fama levouno a convertirse nun dos líderes dos Xacobinos, que eran uns burgueses máis radicais que os Xirondinos. Robbespierre tamén sosteñia que Francia debía ter boas relacións coas monarquias absolutas que o rodeaban, pois vían que estabase a formar unha guerra exterior contra os franceses impulsada polos xirondinos.

Por este motivo , e as disputas internas en Francia contra os contrarrevolucionarios, os xacobinos crean o comité de saúde pública.
Este tiña como obxectivos parar os contrarrevolucionarios e manter a raia as monarquías veciñas.

Para isto contaba cun exército propio, no que destacaba o xeneral Napoleón Bonaparte.

Robbespierre, tendo o poder sobre o comité de saúde pública, ten medo de que os cimentos sobre os que se iniciou a revolución francesa se derrumben e polo tanto inicia o reino do terror. Esta época convertese nunha especie de dictadura xa que, polo medo lévanse á guillotina numerosos espías, acusados de conspiraciones, traidores a Francia..... Todo por medo.

Robbespierre leva a tal cabo o reino do terror que acaba acumulando enemigos por todos os lados. Esta politica é a que leva a Robbespierre a ser detido polos reaccionarios e é executado ó día seguinte, sen xuizos nin nada.

Coa morte de Robbespierre acabase a vida de quen instaurara o réxime do terror en Francia co obxectivo de salvar a república recén formada.

A Robbespierre pódenselle criticar os seus métodos( o reino do terror ) pero naide pode negar que foi unha das pezas claves para que Francia se convertera nunha república e saíra do absolutismo do S. VIII.
Autores:

Carlos Fernández Carreira

Diego Díaz Portela

1 comentario: