martes, 23 de febrero de 2010

º






A revolución industrial foi unha gran renovacion da sociedade que se viña dando nos últimos tempos. Esta apareceu grazas a outras revolucións que contribuiron a que esta ultima xurdira. Esas dúas revolucións foron a demográfica e a agraria. Estas fixeron que houbera un exedente de alimentos, que provocou que os nacementos aumentaran e as mortes diminuiran. Todo isto provocou que os campesiños emigraran ás cidades en busca de traballo xa que no campo xa había moita xente. As persoas que emigran ás cidades desempeñan aló 2 traballos: ou imbisten nas novas empresas que xurden nesta época ou van traballar a estas. Así, neste ambiente de crecemento xurden 2 sociedades: a burguesía e o proletariado. A burguesía era a que posuía as empresas e fábricas e o proletariado era o que traballaba nelas. Neste texto profundizaremos máis no proletariado.



O PROLETARIADO

Se construísemos unha pirámide estamental da sociedade que xurdiu a partir da revolucion industrial, veríamos que esta estaría formada por 2 estamentos: a burguesía e o proletariado. O proletariado sería a clase mais baixa, a pobre, a desgraciada... O proletariado traballaba nas fábricas da burguesía nunhas malas condicións e nun ambiente de immundicia. Á burguesía non lle conviña que estes traballasen con grandes soldos e con vacacións .... pois así non lles saía rentable invertir nas empresas. O proletariado quería cambiar esta situación, pero tampouco quería arriesgarse a quedar sen emprego. Pero tamén é certo que non podía seguir traballando así.

Por iso foi aparecendo o movemento obreiro que intentou cambiar esa situación desfavorable. Con este movemento, fóronse creando mutuas e sindicatos co que podían protexer o benestar dos traballadores e das súas familias.
Tamén se pretendeu acabar coa propiedade privada, que era a causante da división social entre a burguesía e o proletariado. Para poder acabar con iso era necesario facer unha revolución coa que, se implantaria unha dictadura transitoria na que poderían decidir o futuro da propiedade privada.

O proletariado é unha grupo que tiña que traballar nunhas malas condicións para poder alimentar ás suas familias. Pero gracias ao movemento obreiro isto cambiaria para ben.

Fontes: Libro 4º da eso de CCSS.

Asnd. Carlos Fdez e Diego Díaz

No hay comentarios:

Publicar un comentario