martes, 2 de marzo de 2010

Karl Marx, impulsador do socialismo


Karl Marx foi un economista e un comunista alemán que naceu en Tréveris o 5 de Maio do 1818 e morreu en Londres o 14 de Maio de 1883. É pai do socialismo e entre os seus libros máis destacados figuran Manifiesto del partido comunista y El capital.
É o terceiro fillo dunha familia xudea. O seu pai era avogado en Treverés. Tamén era conselleiro de xusticia, pero polas suas crenzas tivo que deixar o cargo.A sua nai Henrietta Pressburg.
Karl Marx estivo un periodo en cidades como París e Bruselas onde reafirmou as súas crenzas e as puxo de manifesto. Nesta última cidade funda a liga dos comunistas na que él é lider.
Cando chega a Londres empeza a escribir a sua obra principal El capital que sae en varios tomos. O primeiro leva un traballo consigo de 18 anos.
Marx, xunto con Engels é un dos fundadores da primeira internacional, que en poucas palabras é unha agrupacion de sindicatos de diversos países, con diversas crenzas, tanto anarquistas como socialistas.
Logo trala derrota da comuna en París, que significou un duro golpe para a internacional, Marx retírase da vida política e morre.
A vida de Karl Marx destacou sobre todo pola creación do socialismo que se explicara noutro artigo deste blog.
Fontes:
es.wikipedia.org/wiki/Karl_Marx
Asinado por:
Carlos Fernández Carreira

No hay comentarios:

Publicar un comentario