martes, 2 de marzo de 2010

O Socialismo


O socialismo é un conxunto de teorías socio-económicas, ideoloxías e políticas que presentan a abolición das desigualdades económicas, sociais e políticas entre as clases sociais e a intervención do Estado en materia económica.

O socialismo naceu como reacción ao capitalismo na primeira metade do século XIX xurdido do liberalismo económico e político, baseado na propiedade privada dos medios de produción, na explotación do proletariado e que determinaba que o Estado non debía intervir en cuestións sociais e económicas, o que se traducía na práctica no dominio do débil polo forte. Foi en Gran Bretaña, o país máis industrializado de Europa onde máis forza tivo o pensamento socialista ao principio, Robert Owen foi un dos primeiros teóricos do socialismo. En Francia Louis Blanc foi outros dos teóricos socialistas da primeira época. Pero o máis importante dos pensadores socialistas do XIX apareceu en Alemaña foi Karl Marx, as súas obras constituíron a base do soporte teórico da ideoloxía socialista e a el débeselle a teoria de que a riqueza debe quedar nas mans do obreiro que a produce e que unha revolución obreira levaría a unha sociedade xusta e libre.
podedes atopar uns videos nos seguintes enlaces que volo esplica detalladamente:
parte da información pertence o noso libro e a wikipedia.
Simón Lombardero
Pablo Valiña Villar
Miguel Portela Gonzalez

1 comentario: