martes, 15 de junio de 2010

Crisis dos misiles en Cuba

Foi un conflicto que tivo lugar na illa de Cuba nos anos 60. Foi un intento da URSS de meterlle medo aos EEUU. Xunto coa construcción do muro de Berlín foi unha das maiores crises da Guerra Fría, xa que estivo a piques de terminar nunha guerra nuclear.

Ven provocada pola chegada ao poder de Fidel Castro, que implanta un réxime comunista en Cuba. Isto fai que o imperio da URSS conte cun importante aliado moi preto dos EEUU. Isto fai unha certa desconfiaza nos cubanos.

Comeza coa instalación dunhas naves en Cuba que contiñan explosivos militares. Estas son vistas en 1962 polo avión estadounidense U-2. Tras este descubrimento, o presidente Kennedy pon en cuarentena a illa de Cuba, e impóñense severas sancións a illa de Cuba.

Nun 27 de outubro, a defensa cubana detecta un avión estadounidense espiando as instalacións cubanas . Este foi derribado por un misil terra-aire. Este acontecemento aumenta mais a tension entre os 2 contendentes. Pero nese mesmo día, prodúcese un acordo entre os bandos soviéticos e estadounidense. Propóñense acabar coas bases militares de Cuba. Así é como a crise dos misiles en Cuba remata.

Logo disto, créase o famoso teléfono vermello, que conectaba a Casa Blanca co Kremlin, e que foi retratado posteriormente nunha película de Stanley Kubrick chamada " Teléfono rojo, volamos hacia Moscu?"

Este, como ben dixen antes foi un dos enfrontamentos máis importantes da Guerra Fria, xa que puido acabar moi mal. Pero tamén é un gran exemplo do que significou a Guerra Fria, na que houbo moita máis palabra que acción.

Vídeos:



Feito por:

Carlos Fernández Carreira

Pablo Valiña Villar

No hay comentarios:

Publicar un comentario