martes, 15 de junio de 2010

A Industrialización


A época da industrialización.O xacemento de lignito está asentado nunha cubeta de orixe tectónico e hai constancia de que na Idade de Ferro recolleuse lignito, xunto dun antergo poboado situado en Portorroibo de Abaixo, segundo o demostran os restos atopados nunha foxa rechea con terra de labor: unha machada de ferro e restos de canecos de barro. De ser un pobo eminentemente agrícola e gandeiro, As Pontes sufriu a mudanza industrial cando o xeólogo alemán: Guillermo Schulz, descubriu aló po-lo 1835 o potencial que se agachaba debaixo dun delgado mantelo de terra: o lignito pardo.
Aínda cando o primeiro documento ao respecto data do 1790, na "memoria" presentada a Sociedade de Amigos do País por D. José Cornide Saavedra. Cando se comeza a arrancar, no 1917 o seu consumo dirixiuse unicamente ao Arsenal do Ferrol e abandoandoa po-la carencia dun medio de transporte axeitado, xa que o sistema deas cabalerías quedaba obsoleto, e mais sobretodo ó feito de que o combustible era pobre en calorías.
Chegou o progreso de mans de Suances co asentamento da "Empresa Nacional Calvo Sotelo" no 1942, construíndose unha central térmica de 2 grupos de 16 Mw., inaugurada no 1949, e que substituiría a anterga hidroeléctrica de 30 Kw., no 1949 chegaría a instalación da fábrica de abonos nitroxenados, producindo o denominado Nitramón, cuns compoñentes básicos chegaron a procesarse aquí case integramente e cunha producción que chegou as 100.000 Tm/ano. No 1953 tíñase chegado a unha extracción de 530.000 toneladas, alcanzando algunha vez que outra a unha producción mensual de 37.000 e o seu transporte facíase en vagóns metálicos de 10 Tn., de capacidade, basculantes por entrámbolos dous lados e tirados por locomotoras diesel, da marca Krupp, cun peso de 155 Tn. E 155 C.V. sobor dunha liña de ferrocarril de 1 metro e unha lonxitude de 5,3 km.
Debido o pouco caudal del río Eume (3 m3 segundo) e para refrixerar as máquinas, construíuse a Presa da Ribeira, que almacena 33 millóns de metros cúbicos e que se espalla o longo de 5,5 Km., cunha altura de coroación de 50 metros, tamén se aproveita o potencial da súa auga para mover unha turbina de 6 Kw., foi inaugurado o 25 de agosto do 1963. O maior pulo chega no 1973 coa chegada de Endesa a localidade. Instala unha nova central térmica con 4 grupos de 350 Mw/h. Debido a necesidade de abastecemento desta central chega o desmantelamento da fabrica de abonos e da central de 32 Mw.


Fontes a wikipedia.


Asdo: Simón Lombardero

No hay comentarios:

Publicar un comentario