miércoles, 16 de junio de 2010
martes, 15 de junio de 2010
Crisis dos misiles en Cuba
Ven provocada pola chegada ao poder de Fidel Castro, que implanta un réxime comunista en Cuba. Isto fai que o imperio da URSS conte cun importante aliado moi preto dos EEUU. Isto fai unha certa desconfiaza nos cubanos.
Comeza coa instalación dunhas naves en Cuba que contiñan explosivos militares. Estas son vistas en 1962 polo avión estadounidense U-2. Tras este descubrimento, o presidente Kennedy pon en cuarentena a illa de Cuba, e impóñense severas sancións a illa de Cuba.
Nun 27 de outubro, a defensa cubana detecta un avión estadounidense espiando as instalacións cubanas . Este foi derribado por un misil terra-aire. Este acontecemento aumenta mais a tension entre os 2 contendentes. Pero nese mesmo día, prodúcese un acordo entre os bandos soviéticos e estadounidense. Propóñense acabar coas bases militares de Cuba. Así é como a crise dos misiles en Cuba remata.
Logo disto, créase o famoso teléfono vermello, que conectaba a Casa Blanca co Kremlin, e que foi retratado posteriormente nunha película de Stanley Kubrick chamada " Teléfono rojo, volamos hacia Moscu?"
Este, como ben dixen antes foi un dos enfrontamentos máis importantes da Guerra Fria, xa que puido acabar moi mal. Pero tamén é un gran exemplo do que significou a Guerra Fria, na que houbo moita máis palabra que acción.
Vídeos:
Feito por:
Carlos Fernández Carreira
Pablo Valiña Villar
A Industrialización
lunes, 14 de junio de 2010
O MURO DE BERLÍN
Muro de Berlín
Tamén chamado “muro da vergoña” foi un monumento levantado na cidade alemá de Berlin. Edificado para separar as 2 alemañas do momento (A occidental, liderada polos EEUU; e a oriental, liderada pola URSS) e para evitar que os comunistas alemans transpasaran a frontera e se dirixiran o mundo capitalista.
O muro de Berlín foi rematado o 13 de agosto de 1961 e foi derruido o 9 de novembro de 1989. O muro extendíase por 45 kilómetros que dividían a cidade de Berlínen 2 e 115 kilómetros que separaban a parte occidental da oriental en toda a Alemaña.
O muro foi construido a instrancias do partido socialista unificado de Alemaña, e os traballos levaronse a cabo coa supervisión da Volkspolizei (Policía da RDA). A reacción da Alemaña Occidental foi unha serie de protestas levadas a cabo polo alcalde Willy Brandt, que non tiveron ningún efecto na construcción do muro. Pero a pesar das innumerables protestas por parte do bando aliado, o muro terminouse construindo.
O seu custo foi de 16.155.000 marcos da Alemaña Oriental. Ademáis o coste foi de 16.155.000 marcos da Alemania Oriental. Ademáis a frontera estaba protexida por unha valla de tela metálica, cables de alarma, trincheira para evitar o paso de vehículos, unha cerca de alambre de púas, e mais de 300 torres de vixilancia.
O muro de Berlín cobrou moitas vidas xa que foron moitos os que o intentaron superar. Tras moitos anos soportando esa situación, a chegada ao poder de Mijail Gorbachov fai que esta situación cambie. A chegada deste presidente fai que a URSS amaine un pouco na sua loita cos EEUU, e isto, sumado a fortes movementos de protesta fan que a URSS se vaia desentendo pouco a pouco da situación alemán.
Así foi como o goberno alemán autorizou o derrubamento do muro de Berlín, que fixo que moitas familias se rencontraran tras décadas. O derrubamento deste monumento tamén fixo que se volveran a unir as 2 Alemañas, que fixo que este país prosperara econmica, social, política e internacionalme. Aínda que tamén xerou moitas críticas xa que se pensou que Alemaña con ese pasado, non podía prosperar, xa que debía ter presente o que acababa de superar.
Pois o muro de Berlín foi unha das tonterías máis grandes xamáis creadas, xa que so serviu para arruinar un país e causar desgracias aos seus habitantes. Por iso paréceme que o momento da súa destrucción é unha das situación clave da humanidade, xa que nela observamos un gran avance da raza humana.
Imaxes:
Videos:
martes, 20 de abril de 2010
Colonizacion europea en Africa
Duas circunstancias tecnicas fixeron posible a invasion:
A primeira consecuencia foron as armas, como o fusil de precision e a artilleria de campaña. A segunda causa foi que as potencias mundiais, como Reino Unido,Francia,Belxica,Alemaña,Italia,Portugal e España,quixeron instalarse en Africa.
O repartimento dentro de Africa foi o seguinte:
- Reino Unido queria conquistar os territorios dende O Cairo ata Cidade do Cabo.
- Francia queria os territorios entre Senegal e Somalia.
- Belxica ao longo do Congo Belga.
- Alemaña desexaba unir a Camerún con Tanganica.
- Italia queria os territorios de Eritrea,Libia e Somalia.
- Portugal desexaba a Angola e Mozambique.
- España conquistou o Sahara,Guibea Ecuatorial e parte de Marrocos.
Autor: Miguel Portela
O Cubismo
"As señoritas de Avignon", de 1907, considérase a primeira obra cubista da historia.
A partir de aquí, Picasso rompe con toda a tradición anterior, e instaura un estilo propio e persoal, que se verá reflexado en obras como ´´O guernica``.
Desaparición de sombra e luz: Esto ven dado pola descomposición do volume.
Cor : A cor non aporta indicacións suplementarias. Polo xeral aplicábase por pequenos toques. Esto chamábase Cor Passepartout, apto para todos os obxectos, pero que non consiste en dar a verdadeira cor de ningún deles.
Xeometrismo : As formas xeométricas invaden as composicións. As formas observadas na natureza son traducidas en cilindros, conos, esferas e cubos... A retina capta as formas, e a mente do pintor as simplifica. Cézanne xa reduciu as súas composicións ás formas xeométricas, por iso exercerá tanta influenza no Cubismo.
Os pintores cubistas utilizan esta experiencia distorsionando e superpoñendo paisaxes.
Non se trata de reflictir a realidade mesma, se non a idea de realidade que posee o artista.
Libro de CCSS de 4º de ESO , editorial ANAYA
Páxina oficial do cubismo en Wikipedia
Editorial Larousse
Autores:
Carlos Fernández Carreira
martes, 16 de marzo de 2010
A LIBERDADE GUIANDO AO POBO
emprendín un tema moderno, unha barricada, e si non loitei pola patria, polo menos pintarei para ela.
O lenzo representa unha escena do 28 de xullo de 1830 na que o pobo de Parides levantou barricadas. O rei Carlos X de Francia suprimira o parlamento por decreto e tiña a intención de restrinxir a liberdade de prensa.
O espectador só ten dúas posibilidades, o unirse á masa, ou o ser arrasado por ela . O pobo é a unión de clases: represéntase ao burgués co seu chapeu de copa e empuñando o fusil, á beira un ferido que pide clemencia a Francia. Ao fondo aparecen ondas e fumes da batalla que dilúen un barrio francés bastante realista. Aos pés da Liberdade un moribundo míraa fijamente.
A revolta iniciouse o 27 de xullo como protesta contra unha serie de ordenanzas que restrinxían liberdades cidadás. Nesa noite novas republicanos puxéronse á fronte da insurrección e xa de día eleváronse barricadas (de feito ao cadro coñéceselle tamén como A Barricada). O día 29 os revolucionarios eran donos da cidade. A revolta pasou as fronteiras de Francia e deu lugar a levantamientos similares, de loita contra os monarcas reaccionarios ou de liberación nacional (como os belgas sublevados contra os holandeses), en varios países europeos.
Segundo G. C. Argan atopámosnos/atopámonos ante o primeiro cadro político da pintura moderna, pois na súa opinión a historia contemporánea é a loita política pola liberdade. Liberdade que, segundo leste mesmo autor, estaba ligada indisolublemente naquela época ao concepto de Patria. Por iso é polo que a figura central da muller, que é alegoría da liberdade, o sexa tamén da nación. Habemos de recordar que a loita pola liberdade e pola nación (o nacionalismo) é unha constante nos románticos. O mesmo autor trata idéntico tema noutras obras como A matanza de Quíos e Grecia sobre as ruínas de Missolonghi, cadro este último no que a nación aparece igualmente representada por unha muller -neste caso co peito sen descubrir totalmente- e que ademais reflicte un episodio da loita do pobo grego pola súa liberación do yugo turco, no que pereceu –colaborando co bando grego- o gran poema romántico Lord Byron.
Utilízanse cores pálidas con pinceladas soltas destacando o azul, o vermello e o branco da bandeira.
A triple entente e a triple alianza.
A triple entente é a union de varios países ante os sistemas bismarckianos do Chanciller Bismarck: Francia, Rusia e Reino Unido. Os países que primeiros paises que se aliaron foron Francia e Rusia. Reino unido, vendo como se deterioraba un pouco tralo auxe da revolución industrial,e que non podía competir contra o poder económico e social do 2º Reich; decide aliarse a Francia e a Rusia para deter a Alemaña.
A outra alianza era a triple alianza, como o seu nome indica. Esta alianza favorecia os sistemas Bismarckianos. Así , vemos como Alemaña se alia co Imperio Austro-húngaro e con Italia. Os países desta formacion tiñan diferentes obxectivos: mentres que Alemaña buscaba aislar a Francia socialmente e economicamente, Italia buscaba acceder a un rango superior. Este tratado foi reafirmado varias veces, pero Italia via que a súa posicion era cada vez máis incómoda.
Estas alianzas desembocan na primeira guerra mundial, que comeza en 1914 e remata en 1918, dando lugar a unha das masacres máis grandes que se recordan en Europa.
Fontes:
es.wikipedia.org/.../Guerra_de_la_Triple_Alianza
es.wikipedia.org/wiki/Triple_Alianza
www.historiasiglo20.org/GLOS/triplealianza.htmç
gl.wikipedia.org/wiki/Triple_Entente
www.historiasiglo20.org/GLOS/tripleentente.htm
Asnd.
Carlos Fernández Carreira
Diego Díaz Portela
Pablo Valiña Villar
Miguel Portela Gonzalez
TRADE UNIONS
martes, 2 de marzo de 2010
Movemento obreiro e causas polas que loitaba.
Traballaban nunhas pésimas condicións como as seguintes:
-Xornadas laborais esgotadoras (cerca das 16 horas diarias)
-traballos infantis(os nenos traballaban. En ocasións debían meterse por lugares moi pequenos como minas ...)
-salarios insuficientes.
-despidos libres (non tiñan nin vacacións, nin seguridade social, despedianos cando lles daba a gana).
-Non podían formar sindicatos nos que poder mellorar as suas condicións.
Como puidemos ver naquela época os traballadores vivían explotados e en pésimas condicións. Ante isto comezaron movementos de carácter reivindicativo como o socialismo (formulado por Max e Engeles) e o anarquismo (liderado por Proudhon, Bakunin e Krapotkin ). Estes movementos presentaban varias solucions:
-política
-económica
-social
Baseado na igualdade e na sociedade presentan unha opcion o capitalismo.
Fontes:
- Libro de CCSS de 4º da ESO da editorial ANAYA.
Autores:
-Pablo Valiña Villar
-Carlos Fernández Carreira
O Socialismo
O socialismo é un conxunto de teorías socio-económicas, ideoloxías e políticas que presentan a abolición das desigualdades económicas, sociais e políticas entre as clases sociais e a intervención do Estado en materia económica.
O socialismo naceu como reacción ao capitalismo na primeira metade do século XIX xurdido do liberalismo económico e político, baseado na propiedade privada dos medios de produción, na explotación do proletariado e que determinaba que o Estado non debía intervir en cuestións sociais e económicas, o que se traducía na práctica no dominio do débil polo forte. Foi en Gran Bretaña, o país máis industrializado de Europa onde máis forza tivo o pensamento socialista ao principio, Robert Owen foi un dos primeiros teóricos do socialismo. En Francia Louis Blanc foi outros dos teóricos socialistas da primeira época. Pero o máis importante dos pensadores socialistas do XIX apareceu en Alemaña foi Karl Marx, as súas obras constituíron a base do soporte teórico da ideoloxía socialista e a el débeselle a teoria de que a riqueza debe quedar nas mans do obreiro que a produce e que unha revolución obreira levaría a unha sociedade xusta e libre.
Karl Marx, impulsador do socialismo
A PRIMEIRA INTERNACIONAL OBREIRA
martes, 23 de febrero de 2010
º
A revolución industrial foi unha gran renovacion da sociedade que se viña dando nos últimos tempos. Esta apareceu grazas a outras revolucións que contribuiron a que esta ultima xurdira. Esas dúas revolucións foron a demográfica e a agraria. Estas fixeron que houbera un exedente de alimentos, que provocou que os nacementos aumentaran e as mortes diminuiran. Todo isto provocou que os campesiños emigraran ás cidades en busca de traballo xa que no campo xa había moita xente. As persoas que emigran ás cidades desempeñan aló 2 traballos: ou imbisten nas novas empresas que xurden nesta época ou van traballar a estas. Así, neste ambiente de crecemento xurden 2 sociedades: a burguesía e o proletariado. A burguesía era a que posuía as empresas e fábricas e o proletariado era o que traballaba nelas. Neste texto profundizaremos máis no proletariado.
Se construísemos unha pirámide estamental da sociedade que xurdiu a partir da revolucion industrial, veríamos que esta estaría formada por 2 estamentos: a burguesía e o proletariado. O proletariado sería a clase mais baixa, a pobre, a desgraciada... O proletariado traballaba nas fábricas da burguesía nunhas malas condicións e nun ambiente de immundicia. Á burguesía non lle conviña que estes traballasen con grandes soldos e con vacacións .... pois así non lles saía rentable invertir nas empresas. O proletariado quería cambiar esta situación, pero tampouco quería arriesgarse a quedar sen emprego. Pero tamén é certo que non podía seguir traballando así.
Por iso foi aparecendo o movemento obreiro que intentou cambiar esa situación desfavorable. Con este movemento, fóronse creando mutuas e sindicatos co que podían protexer o benestar dos traballadores e das súas familias.
Tamén se pretendeu acabar coa propiedade privada, que era a causante da división social entre a burguesía e o proletariado. Para poder acabar con iso era necesario facer unha revolución coa que, se implantaria unha dictadura transitoria na que poderían decidir o futuro da propiedade privada.
O proletariado é unha grupo que tiña que traballar nunhas malas condicións para poder alimentar ás suas familias. Pero gracias ao movemento obreiro isto cambiaria para ben.
Fontes: Libro 4º da eso de CCSS.
Asnd. Carlos Fdez e Diego Díaz